Edita: secuencia/sentido no CGAC
Este venres 6 de marzo ás 20.00 h inaugúrase no CAGC Edita: secuencia/sentido, unha exposición que aborda, a través da experiencia de catro editoras galegas e portuguesas (Dispara, Fabulatorio, Ghost e Pierre von Kleist), a complicidade que se establece entre o acto creativo e a súa posterior edición.
Na mostra, comisariada por Miguel von Hafe Pérez, participan os artistas Patricia Almeida, Tono Arias, David Barreiro, André Cepeda, Luis Díaz Díaz, António Júlio Duarte, José Pedro Cortes, Fabulario, Ghost, Xosé Lois Gutiérrez, Pierre von Kleist, Reinaldo Loureiro, Jesús Madriñán, Tono Mejuto, André Príncipe, Simona Rota, São Trindade.