READ publica unha enquisa para avaliar os efectos do COVID-19 no sector do deseño
READ, a Rede Española de Asociacións de Deseño, en colaboración co BCD, Barcelona Centro de Deseño, está a recompilar datos para valorar as consecuencias que a situación provocada pola propagación do COVID-19 está a causar no sector do deseño.
A enquisa permitirá recompilar datos obxectivos para saber como está a afectar o confinamento á actividade profesional de persoas autónomas e pemes que ofrecen servizos de deseño.
Os datos recompilados servirán para formular algunhas recomendacións ás institucións competentes para activar medidas e instrumentos de apoio ao sector.
O cuestionario é breve e anónimo e está dispoñible en catro linguas (galego, euskera, valencià e castelán). Permanecerá activo para reunir datos ata o último día de abril.