• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
17-11-2015 10:44:50

Entrevista a Marta Verde

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Máster en Deseño da Interacción e Posgrao en Tecnoloxías Dixitais para a Escena pola Universidade Pompeu Fabra.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Desenvolve a súa actividade profesional como programadora de interactivos e técnica para directo en diversos proxectos escénicos/musicais, en Galicia (Projecto Trepia, Licenciada Sotelo), Cataluña (Mucab Dans), Madrid (Daniel Van Lion, Julián Elvira) ou Portugal (A Charanga), creando contido interactivo e audiovisual.

Foi parte de do/the/right/click™ (co que obtivo un Laus Bronce e unha mención nos Webby Awards), colabora con Tecné Collective e Lighting Design Collective como programadora junior, desenvolvendo solucións interactivas baseadas na luz para arquitectura ou instalacións artísticas, ademais de colaborar con axencias, outros artistas, estudios, deseñadores, festivais e feiras (Visual Art Week Mexico 2015, Mini Madrid Maker Faire...) sempre buscando a converxencia entre tecnoloxía e creatividade.

Ademais da súa faceta de programadora creativa, tamén é docente de Interacción en institucións como Fundación Telefónica ou IED Madrid, onde ademais é asesora do departamento de I+D+I.

Máis información:

  • martaverde.net
  • @GreenMartinha
  • linkedin

Quen es e a que te dedicas?

—Son Marta Verde, programadora creativa, artista dixital e docente

De que vas falar no FEED?

—Vou falar dos meus proxectos, da miña experiencia en proxectos tecnolóxicos e interactivos, e reflexionar sobre o proceso e modo de creación neste campo, enfocado sobre todo no feito da colaboración entre distintas disciplinas.

Que traballo de deseño ou investigación che gustaría ter realizado?

—Non teño un proxecto ideal, cada proxecto novo no que me embarco é completamente distinto do anterior; proporcióname algo novo e faime investigar novos campos, polo que o seguinte na lista sempre é o desexado

Ir á páxina do FEED 2015
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.