• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
12-11-2015 15:28:50

Entrevista a Miguel Sabel

Formado como deseñador de produto na EUDI e na Elisava, nunca exerceu como tal. Desde que comezou a traballar, sempre buscou a interacción entre a empresa e o deseño. Primeiro, desde a xestión do deseño, explorando marcos de xestión adaptados á incerteza propia da disciplina. Agora, empregando o deseño como proceso e caixa de ferramentas coa que afrontar retos propios do negocio, ata non hai moito alleos aos deseñadores.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Pasou por Hiroshi Tsunoda Design Studio / DesignCode, un pequeno estudio e editora de deseño de Barcelona. Despois, pola oficina madrileña de PERA Group, unha empresa de innovación tecnolóxica. Agora traballa en Designit, consultora de deseño estratéxico onde leva xa preto de cinco anos. En Designit lidera e participa en proxectos de deseño de servizos e innovación en modelos de negocio: desde a creación de novas experiencias para o retail ata o deseño de novos servizos no mundo do diñeiro. Sempre desde o deseño centrado nas persoas.

Máis información:

  • miguelsabel.me
  • @miguelsabel
  • linkedin

Quen es e a que te dedicas?

—Son Miguel Sabel, deseñador en Designit Madrid. Participo principalmente en proxectos de innovación en modelos de negocio e deseño de servizos. Formeime como deseñador de produto -esa cousa chamada enxeñeiro técnico en Deseño Industrial- pero desde ben cedo collín un camiño alternativo, percorrendo as posibilidades do deseño para axudar a cumprir retos do negocio, algo tradicionalmente fóra da nosa area de acción.

De que vas falar no FEED?

—Dedicarei o meu espazo o próximo día 21 de novembro a conversar sobre o papel alcanzado polo deseño e os deseñadores nos últimos anos: o liderado da disciplina nos procesos de innovación, a súa entrada na creación de modelos de negocio e servizos, as causas que levaron os deseñadores a afrontar ese tipo de retos e cales poden ser os escenarios que nos atopemos de agora en diante.

Que traballo de deseño ou investigación che gustaría ter realizado?

—Gustaríame ter participado na creación dun modelo de negocio para unha compañía alimentaria responsable. Pero as razóns son puramente egoístas, relacionadas co que me faría feliz construír, nada que ver coa práctica do deseño.

Ir á páxina do FEED 2015
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.