Era Comunicación e Sr. Concejo premiados nos Anuaria
A XXXI Edición dos Premios Anuaria acaba de publicar os proxectos premiados e entre eles atopamos aos socios José A. Pérez Gil de Era Comunicación e Yago Concejo de Sr. Concejo, con traballos en diferentes categorías.
Os Premios Anuaria celebran a súa 31 edición e publican na súa web a lista completa de proxectos premiados nas diferentes categorías. Temos que trasladar os parabéns a dous compañeiros de DAG. Por un lado, José A. Pérez Gil de Era Comunicación que conseguiu unha Selección Anuaria ao mellor cartel polo 30º Festival de Jazz e Blues de Pontevedra. E por outra banda, Yago Concejo, de Sr. Concejo, que recibiu unha Selección Anuaria polo traballo de márketing directo realizado para PF1 interiorismo.
O xurado dos premios está formado exclusivamente por representantes designados das organizacións profesionais. Este ano, representando a DAG estivo o compañeiro Carlos el Rojo.