Esta fin de semana entregáronse os Premios da Comunicación e Marketing de Galicia
E entre os premiados e finalistas temos moitas socias e socios da DAG :)
Preparádevos porque a lista é longa!
O primeiro de todos, o noso querido Pepe Barro, premio de honra nesta edición; e canda el moitos outros, como desescribir, gañadores do premio ao mellor deseño gráfico pola identidade gráfica Colab; cenlitrosmetrocadrado, premiados por segundo ano consecutivo na categoría de mellor deseño industrial, nesta ocasión polo seu traballo Global Refuge; Desoños, gañadores do premio ao mellor deseño dixital e interactivo polo seu traballo Afundación e finalistas na categoría de mellor deseño gráfico co proxecto Erregueté; Tony Le Brand, gañador con Clickfer do premio á mellor creatividade audiovisual e finalista con Abanca me importas tú da mellor estratexia comunicación externa; Piedrapapeltijera, finalista na categoría de deseño dixital e interactivo por Páxinas de Zahorí; Silvosa París Arquitectura, finalista no apartado de deseño de industrial por Orballo, espazo de tendas e catas; Artedardo, finalista na categoría de mellor libro de arte con Galicia e os Camiños de Santiago; ou Campus na Nube, finalista con Fotoforum Compostela do premio especial á idea integrada ou crossmedia.
Parabéns a todos!