Estaba facendo falta un FEED ;)
E velaquí o está! Como cada dous anos desde aquel primeiro de 2010, temos aquí unha nova edición do FEED, o Foro de Edición e Deseño que organiza a DAG co patrocinio da Agadic.
Nesta cuarta edición, o FEED terá lugar o 3 e o 4 de novembro en Santiago de Compostela e reunirá un grupo heteroxéneo de profesionais, con facetas moi distintas, para ofrecer ao longo de dous días unha panorámica o máis diversa posíbel do traballo do deseñador: diferentes ámbitos de especialización do deseño, diferentes metodoloxías de traballo, de organización, de relación...
Igual que en anos anteriores, o programa deste ano combina 3 tipos de actividades:
- 2 obradoiros para grupos grupos reducidos: un de visual thinking que impartirá Elena Urizar e outro sobre tipografía dixital co software GlyphsApp, a cargo da deseñadora de tipos Joana Correia. Ambos os dous desenvolveranse en horario de mañá na sala Dídac.
- 7 conferencias que decorrerán durante as tardes no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Os conferenciantes do primeiro día serán Lois Guillán (cucuducho), João Martino e Miguel Almeida (Non-Verbal Club) e Elena Urizar. O segundo día acompañáronnos Coca Rivas, Francesco Furno e Pablo Galeano (relajaelcoco), Joana Correia e Bea Lema.
- 1 mesa de debate con alumnos das escolas de deseño galegas que terá lugar o venres 3 de novembro ás 18.45 h.
Convidámosvos a todos e a todas a visitardes a web e participardes no FEED!