• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
07-01-2022 10:59:54

Estreamos ano coa nova incorporación de Yago Concejo

Comezamos 2022 sendo xa 80 asociadas, con ganas de seguir avanzando e colaborando para mellorar a situación do sector. Yago Concejo é unha das últimas incorporacións, despois dunha longa traxectoria profesional, volve a atreverse cun novo proxecto, Sr. Concejo, destacando na creación de marca. Benvido Yago!

Ola!

Son Yago Concejo, Sr. Concejo para os amigos. De pai coruñés marino e debuxante e nai castelá xestora, teño unha mestura curiosa que me axudou a defenderme cos recibos de autónomos a base de deseño.

Por unha serie de catastróficas e afortunadas desgrazas acabei aprendendo o oficio de taller durante uns meses, nunha empresa de rotulación con plotters de corte, impresión e música de Eddie Grant. Arrencendía a adhesivos.

Logo viñeron tempos de formación regulada na Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso facendo Gráfica Publicitaria, compatibilizando co traballo no departamento de preimpresión dunha pequena imprenta, e como o verán é para gozar, comencei a traballar nunha axencia de publicidade das grandes (en Coruña, tampouco creades).

En 2005 decidín que o de estar sempre naquela cadeira non era para min e empecei traballar pola miña conta con Singulart Comunicación, ata que chegou Venditos Axencia Creativa, un proxecto a medias con Chío Infante que contraeu COVID.

En 2021 volvo á conta propia, agora con canas e cun propósito de renovación e reconversión a un deseño máis puro, máis especializado e nesta asociación busco empaparme de novas formas de facer as cousas, novos estilos e un asociacionismo enfocado ó deseño en calquera das súas áreas.

Estou desexando coñecervos e ver todo o que facedes.

Moitas apertas.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.