• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
06-02-2020 22:44:29

A Fundación DIDAC presenta a súa colección de arte e deseño

O sábado 8 de febreiro, ás 12:30 da mañá, temos unha cita coa arte e o deseño. A Fundación DIDAC presenta parte dos fondos da súa colección nunha exposición que estará aberta ao público ata o día 12 de abril.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A Colección Fundación DIDAC nace coa intención de crear un mapa visual e documental do deseño e a arte contemporánea, dende os anos setenta ata o momento actual. Na Colección atopamos pezas de deseño e obras de arte, acompañadas de información e outros materiais que enmarcan o deseño e a arte contemporánea en Galicia nun contexto global.

A exposición, organizada de maneira cronolóxica, comeza coa publicación do primeiro número do Laboratorio das Formas en 1970. Tamén se inclúen algunhas creacións anteriores, como a identidade corportiva para Zeltia ou as latas de conserva Massó. Os deseños de grandes referentes galegos como Luis Seoane ou Isaac Díaz Pardo estarán acompañados do traballo de profesionais de recoñecido prestixio histórico, como Ettore Sottsass, Dieter Rams, ou Paul Rand. O deseño galego máis contemporáneo estará representado por profesionais cunha longa traxectoria, como os nosos socios Uqui Pemui e Pepe Barro, e outros máis novos como Artur Galocha, Álvaro Valiño e o estudio desescribir. No contexto internacional, atopamos a creadoras como Paula Scher ou Susana Blasco, e outros históricos do deseño como Cruz Novillo ou Víctor Moscoso.

A Colección, ademáis do deseño, abrangue outras disciplinas como a artesanía, a arquitectura e a arte. A diversidade e a variedade dos contidos quere servir como punto de partida para futuras investigacións e proxectos, nos que establecer conexións entre profesionais, disciplinas e os seus contextos.

A inauguración desta exposición será ademáis unha boa ocasión para coñecer a nova sede do estudio DARDO, que comparte espazo coa Fundación DIDAC desde o pasado mes de xaneiro .

Máis información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.