• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
15-04-2024 12:23:05

Festival Creativa en Vigo

A segunda edición do Festival Creativa, organizado por Galería Maraca e Dot Galicia, xa está en marcha e poderemos gozar de contidos variados desde o venres 19 ata o domingo 21 de abril.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Diferentes espazos acollerán o completo da programación: a Galería Maraca, o Museo MARCO e o espazo Évame Orza. Como novidade haberá un mercado gráfico de ilustración, deseño e autoedición que poderá visitarse durante a xornada do sábado.

O festival reúne a artistas, profesionais do deseño e da ilustración e, nesta ocasión, especialistas en IA. Así, poderemos escoitar a Alba Meijide, o colectivo Boamistura, Eugenia Tenenbaun, Ricardo Cavolo, Carme López, Fantasmage, Flavita Banana e Ricardo Moya, e Nuria Díaz. Haberá tamén unha mesa redonda onde participan as nosas compañeiras, María Ramos e Noelia Estévez, xunto con Lis M. Torrón, unha exposición do ilustrador alemán Yeye Weller e charlas rápidas onde se presentan proxectos e artistas locais.

A entrada é gratuíta e o aforo limitado nalgunhas localizacións. 

Web Festival Creativa
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.