• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
26-10-2021 11:27:54

Fito Baldueza incorporase á DAG e seguimos medrando

Empezamos a semana presentando a Fito Baldueza, unha das últimas incorporacións á Asociación Galega de Deseño. Neste outono con tanta actividade seguimos sumando bos profesionais do deseño como Fito, especializado en creación de marca e tipografía, que hai tempo regresou a Galicia para traballar desde aquí. Benvido!

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola,

Preséntome, son Fito, de Lugo cento por cento aínda que me criei en Valladolid, onde empecei a formarme como deseñador e tipógrafo. Despois de traballar para publicacións, axencias e estudios en Madrid e A Coruña, establecinme como freelance con base na Coruña.

O meu traballo baséase principalmente na creación de marca, construción tipográfica e comunicación visual. Realizo proxectos e encargos só, ou en colaboración con outros profesionais e estudos.

Entre as miñas afeccións está a esgrima histórica, o sendeirismo, e ultimamente estoulle collendo bastante gusto ao bushcraft. Gústame tamén traballar a madeira e a pedra, cando se terza inclúo estes materiais nos meus proxectos.

Con isto xa me coñecedes un pouco. Por certo, na imaxe estou co meu bo amigo Toxo na porta do taller.

Agora, sen máis, saúdos e á vosa disposición.

Perfil de Fito Baldueza
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.