• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
04-03-2020 19:50:29

A gráfica de «Formas do deseño. Galicia XXI» recibe un Letra de Prata

O deseño creado por DARDO para a mostra que reuniu no Auditorio de Galicia a obra de numerosos deseñadores e deseñadoras galegas foi seleccionado polo xurado profesional dos premios Letra.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os premios Letra, que este ano celebran a súa vixésima edición, outorgan anualmente os seus galardóns a proxectos destacados no sector da impresión dixital e a comunicación visual.

Nesta ocasión, o proxecto gráfico presentado por DARDO foi recoñecido na categoría «Mellor aplicación de imaxe na cobertura dun evento».  O deseño trazado polo estudio compostelán buscaba representar a diversidade de formas que pode adoptar o sector do deseño, a través dunha letra G creada con película holográfica. O xogo de luz e cores que permite a holografía deu vida a unha composición de liñas que se cruzan percorrendo a superficie de cada un dos soportes. Esta gráfica ía acompañada dunha composición de imagotipos galegos, un mapa visual de Galicia facilmente recoñecible para a maioría de asistentes á mostra.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.