Foro DAG: Propostas de avance para o deseño
A Asociación Galega de Deseñadores (DAG) organiza o próximo sábado 9 de febreiro entre as 12.00 e as 20.00 h no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago de Compostela o foro: Propostas de avance para o deseño. Trátase dunha iniciativa coa que a DAG quere convidar a todas as persoas interesadas no deseño a reflexionar sobre o papel que este debe xogar na sociedade e tamén sobre algunhas das cuestións que teñen que ver co traballo diario dos deseñadores. O foro articúlase en seis mesas de traballo, cada unha delas centrada nun dos seguintes temas de interese para os deseñadores:
- A web como medio no contexto da edición 2. Educación e formación en deseño en Galicia 3. A produción do deseño galego 4. A comunicación do deseño galego 5. Historia do deseño galego e a identidade tipográfica 6. O tratamento do deseño por parte das administracións públicas (contratacións, concursos...) Para participar, o único que hai que facer é enviar un mail a info@asociaciondag.org antes do 5 de febreiro para confirmar asistencia especificando a mesa da que se quere formar parte. No caso de que se cubran todas as prazas, os socios da DAG sempre terán preferencia.
Descarga o programa: