• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
26-06-2023 13:12:57

Gain organiza o VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Ferrol

O vindeiro 29 de xuño a Axencia Galega de Innovación organiza no CIS Ferrol o VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial baixo o título «O Deseño como feramenta de impacto» e contará con empresas e estudios de deseño protagonistas do tecido empresarial actual.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Nesta edición, o foco céntrase en como o deseño é clave para a consecución de impacto económico, social e medioambiental, tratando cuestións fundamentais como o deseño do propósito, os sistemas de medición, a innovación empresarial, o impacto social no relativo ás persoas e ás solucións inclusivas ou o desenvolvemento sostible como valor estratéxico.

O programa divídese en tres partes: a primeira sobre Deseño e impacto económico no que falarán Patricia Gabeiras de Gabeiras & Asociados e os compañeiros de Desoños, Noelia Estévez e Carlos Álvarez; a segunda sobre Deseño e impacto social no que intervirán Marcos Saavedra de DesignThinking.gal e Noelia López de Envita; e a última sobre Deseño e impacto para o desenvolvemento sostible onde estarán Javier García e Juan Lago de Sinerxia, e Rosana Agrelo de The Painter´s Wife.

O peche do Encontro está previsto para as 12.45 h cun aperitivo networking. Ademais, David Barro, asesor do programa Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade Diferenza 2024 e director da Fundación DIDAC, falará das liñas xerais que seguirá como comisario do país invitado na Porto Design Biennale. 

Programa e inscricións
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.