• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Difusión eventos noticias socios/socias
13-05-2025 12:50:49

Galicia Design Week 2025

Do 16 ao 24 de maio terá lugar na Coruña unha nova edición da Galicia Design Week, un evento​ que se encadra dentro da asociación internacional World Design Week e que este ano divide o seu contido en Pro, Show, Sessions e Off.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O espazo Avenida de Abanca acollerá o groso do event​o nun formato máis de contacto co públic​o, sen interferencias e fomentando a participación das persoas asistentes. Dentro do contido Pro, o venres 23 e o sábado 24 de maio,​ se proxectan un total de 13 charlas de grandes profesionais do deseño galego entre os que se atopan o nosos socios Iago Barreiro e Alberto Carballido do estudio Novagarda. Compartirán a xornada do venres con Rígido e Carla Et Stik, Burr e Desescribir. O sábado as charlas teñen como protagonistas a Marta Cerdá, Marta Pazos, Amalia Puga ou Inma Horta, entre outras. ​ ​  

Ademais, hai preparados dous obradoiros de deseño dirixidos a profesionais para os que é preciso inscrición previa a través de correo electónico​.​ Un será dirixido por Vagrant e o outro polo Grupo Malasa e daranse tamén no mesmo espazo Avenida. ​​

Nas inmediacións da sede central da Galicia Desing Week, visitantes e persoas veciñas da cidade poderán coñecer un pouco máis do traballo de deseño que se desenvolve en Galicia a través d​e​ dúas exposicións e un showroom​. Así, na Praza de Lugo hai unha instalación expositiva con traballos do Mellor Deseño Galego do último ano e está visitable desde o 9 ata o 30 de maio. Alí atoparedes algún​s​ realizados polo noso socio Xabier Rilo e o seu compañeiro Ricardo Tubío, no seu estudio Cenlitros. Na zona da Mariña, e tamén ata o 30 de maio, hai outra instalación con propostas visuais de novos deseñadores e deseñadoras galegas. ​​

O evento conta con actividades especiais que terán lugar en pequenos comercios e estudios da cidade, ademais de momentos para a música a partir das 19.30 h. O programa é de balde​ e se queredes seguilo ao completo podedes consultar a web.

A Galicia Design Week está co-organizada por Marta González e o noso socio Alex Rico, e conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, ademais doutras entidades do eido privado.

Web GDW 2025
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.