• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
11-02-2020 11:13:31

Iago Barreiro, novo socio da DAG

Na DAG sabemos da importancia de contar con profesionais que traballen en distintas disciplinas do deseño, para ter unha perspectiva ampla e traballar por representar a nosa profesión da mellor maneira posible. Iago Barreiro é deseñador especializado en entornos dixitais e interactivos, que despois dunha longa tempada en Barcelona decide volver a Galicia para traballar desde aquí. Aledámonos moito da túa volta Iago. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola! Son Iago Barreiro, deseñador gráfico especializado en identidade visual, deseño UX/UI e desenvolvemento web, con experiencia en diferentes disciplinas e tecnoloxías online e offline.

Fai 10 anos, marchei a Barcelona a estudar o Grao en Deseño Gráfico, tendo a oportunidade de traballar en diferentes estudios de branding e comunicación liderando os seus proxectos dixitais. Hai un ano que volvín a Galicia, dende onde colaboro con estudios, axencias e clientes de todo o mundo transformando as súas identidades visuais a entornos dixitais e interactivos, tanto no campo do deseño coma no da programación.

Ademáis son fundador dun espazo de coworking en Compostela, Modular Multiespazo, dende onde traballo e comparto espazo e cafés con outros profesionais. Estades todos convidados ;)

Perfil na web da DAG
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.