• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
concursos
03-04-2020 13:53:35

As candidaturas finalistas para o deseño da identidade do Museo de Pontevedra xa preparan as súas propostas

O pasado mes de febreiro a Deputación de Pontevedra facía unha chamada a proxecto para renovar a identidade gráfica do Museo de Pontevedra. De entre as 37 candidaturas presentadas o Consello Asesor do Museo seleccionou 4 finalistas: Uqui Permui, Costa Comunicación Visual, Cenlitrosmetrocadrado e Tamara Baz.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe creada por Alejandro de la Sota para a portada da revista do Museo de Pontevedra en 1942.

Esta convocatoria, segundo o Consello Asesor do Museo respondía a unha necesidade de «crear unha identidade visual acorde coa actualidade e coa idea dun novo tempo para o Museo». O logotipo actual presenta o cruceiro da Praza da Leña diante dos edificios Castro Monteagudo (primeiro edificio do Museo) e García Flórez, unha gráfica derivada dunha creación anterior de Alejandro de la Sota.

O director do Museo, Xosé Manuel Rey, destacaba a calidade das candidaturas avaliados. A iniciativa atópase agora nunha segunda fase, na que as candidaturas finalistas terán un prazo dun mes para a presentación das propostas para o logotipo, que deberán ir acompañadas dunha memoria xustificativa técnica e teórica da produción e aplicación en distintos soportes.

O importe do contrato para a adxudicataria, que terá que desenvolver o manual de identidade corporativa, ascende a 12.000 euros. As outras tres propostas seleccionadas recibirán 1.000 euros, en concepto de compensación polo traballo desenvolvido.

Trasladamos a nosa noraboa ás seleccionadas, especialmente á nosa socia Uqui Permui e aos nosos socios dos estudios Costa e Cenlitros. Seguiremos pendentes da información que chega desde o Museo e a Deputación de Pontevedra para saber máis da evolución desta convocatoria.

Na DAG aplaudimos este tipo de iniciativas que avogan por unha valoración máis xusta da nosa profesión. Lamentablemente, e non nos cansaremos de insistir, en moitas ocasións o deseño é unha profesión prexudicada polos concursos especulativos.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.