• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
27-06-2025 09:20:39

Idoia Cuesta e Novagarda premiados

Rematamos o mes de xuño con asociados premiados en diferentes certames. Novagarda coseguiu o Laus de Ouro na categoría de deseño de website transaccional, e Idoia Cuesta o Premio Room na categoría de artesanía art design. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Onte, 26 de xuño, déronse en Madrid os Premios Room Deseño, que este ano celebraban a súa terceira edición. Entre os proxectos nominados nas diferentes categorías, atopamos o da socia Idoia Cuesta e Inés Sistiaga, baixo o nome «Rastros de transformación». Nel, reformulan as técnicas herdadas no traballo da madeira nun exercicio que se concibe como pura experimentación, e do que se poden extraer outras fórmulas de creación de obxectos de deseño. 

Pola súa banda, os compañeiros Iago Barreiro e Alberto Carballido do estudio Novagarda estaban nominados aos Premios Laus 2025 e na gala celebrada en Barcelona o pasado 19 de xuño conseguiron o Laus de Ouro na categoría de deseño de web transaccional, polo traballo realizado para Noroeste Obradoiro, un espazo-taller onde se visibiliza de principio a fin o proceso de creación dunha peza de xoiaría. 

Premiados Laus 2025
Finalistas Premios Room 2025
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.