• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
concursos noticias socios/socias
21-12-2022 12:00:00

III edición dos Premios Galicia Innovación e Deseño

O 20 de decembro celebrouse no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela a gala de entrega dos III Premios Galicia Innovación e Deseño que promove a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, con tres premios nas categorías de Innovación e outros tres nas categorías de Deseño. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os galardóns recoñecen o labor das persoas e empresas referentes do avance económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño. Profesionais de recoñecido prestixio, entre eles o noso presidente Xose García, integraron o xurado que seleccionou ás persoas e empresas finalistas para as categorías das que consta o certame:

Deseño:

  • Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector. Gañador: Isaac Piñeiro Meira. Finalistas Costa Comunicación Visual e MMASA.
  • Talento emerxente: creadores e creadoras de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos. Gañadora Sara Regal Alonso. Finalistas: Raquel Fernández Caamaño e Roberto Costas Fernández.
  • Empresas: empresas consolidadas que incorporaron o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década. Gañadora: Unvi Carroceros. Finalistas: Hifas da Terra e Vertifil Industrial.

Innovación:

  • Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos. Gañadora: Alen Space. Finalistas: Centum Research&Technology e Little Electric Car España.
  • Grande empresa: grandes empresas con actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década. Gañadora: Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa). Finalistas: Puentes y Calzadas e Unvi Carroceros.
  • Traxectoria innovadora: líderes empresariais e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante: Catalina Fernández de Ana.

Parabéns aos/as profesionais e empresas finalistas nesta edición polas súas traxectorias, en especial aos nosos socios David Silvosa e Daniel Bembibre de Costa comunicación visual, e a Sofía de Ana como integrante do equipo de Hifas da Terra.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.