Inauguración da exposición Galicia Procesos e Formas. Un percorrido gráfico en DIDAC
Hoxe 10 de setembro ás 18 horas terá lugar na Fundación Didac de Santiago de Compostela a inauguración da exposición Galicia, Procesos e Formas. Un percorrido gráfico, na que participan socios e socias de DAG xunto con outros deseñadores e deseñadoras galegas.
Esta exposición, coproducida pola Xunta de Galicia e a Fundación Didac dentro do Programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade - Diferenza, é unha versión da exposición máis ampla que puidemos ver na Porto Design Biennale e que levaba por título Galicia, Procesos e formas.
A selección de traballos nesta ocasión céntrase principalmente no material gráfico que estivo presente na bienal e busca formar parte da Colección Didac con intención de crear un arquivo dixital para estudar a historia do deseño en Galicia xunto con estudos, publicacións, charlas online e diversos contidos dixitais.
A exposición estará aberta ao público ata o 31 de outubro de 2024, de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas, e os sábados con cita previa.