
Iria Iglesias Álvarez
Deseñadora gráfica e ilustradora en estudio GNOMO.
Estudou gráfica publicitaria en Vigo. Os seus comezos profesionais foron nunha empresa de comunicación e deseño facendo traballos para a Universidade de Vigo principalmente, logo entrou como deseñadora gráfica en Bimba y Lola, levando a cabo proxectos creativos coma o deseño de estampados ou máis rutinarios coma a elaboración de fichas técnicas.
Posteriormente decidiu cambiar a súa traxectoria laboral e cofundou estudio GNOMO, especializado en deseño gráfico e ilustración situado nunha pequena aldea do sur de Lugo. Traballa en identidades corporativas, deseño web, deseño editorial, ilustración e tamén imparte formación relacionada con programas de deseño de software libre e con procesos creativos.