• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
21-09-2025 09:59:46

Iria Iglesias, benvida a DAG

Desde o estudio Gnomo, en Lugo, chega unha das nosas últimas asociadas. Coñece máis sobre esta diseñadora gráfica e ilustradora. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Ola!

Chámome Iria Iglesias, son de Vigo pero actualmente deseño dende unha aldea no sur de Lugo. Son deseñadora gráfica publicitaria de formación e por vocación. Cando rematei os meus estudos en Vigo empecei a traballar cunha axencia de comunicación na que o principal cliente era a universidade de Vigo, de alí lévome o recordo de que o alumnado roubara os carteis que deseñei para decorar as súas habitacións.

Despois traballei en Bimba y Lola, sendo a primeira deseñadora gráfica en plantilla da empresa, puidendo traballar de forma creativa, facendo ilustracións ou estampados, e de forma máis técnica, elaborando as fichas de produto. Tras uns anos a vida levoume facer un cambio radical, mudeime a unha aldea rodeada de bosques, dende alí traballo no meu propio estudio de deseño, GNOMO, no que ademáis de desenvolver proxectos de deseño gráfico tamén ilustro e conto con varios libros publicados.

Encántame a miña profesión, vou pola vida vendo combinacións de cores, texturas e formas e entendo o deseño gráfico coma a linguaxe visual perfecta. Decidín unirme á DAG para coñecer máis compañeiros/as no sector cos que compartir coñecementos e inquedanzas. Un pracer formar parte de esta asociación.

web
Instagram
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.