• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Difusión eventos
16-01-2026 11:24:20

IX Edición das Xornadas Bisiona da EASD Pablo Picasso

Do 21 ao 23 de xaneiro celebraranse as IX Xornadas Bisiona de Deseño organizadas pola EASD Pablo Picasso da Coruña. O salón de actos da escola acollerá o completo do programa.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

As xornadas inaugúranse o 21 de xaneiro coa charla do fotógrafo e investigador especializado en patrimonio José Pereira. Despois, Marcos Catalán e Marta García, de Oltre Estudio, falarán da súa experiencia creando proxectos integrais de arquitectura, interiorismo e deseño de produto.  

O xoves 22 abre coa charla do escultor Faura Balsa sobre escultura aplicada ao espectáculo. A media mañá farase entrega dos Premios EDLG aos mellores PI e TFE en lingua galega e a xornada pecharase coa charla dos artistas e artesáns Paco Luis Martos e Florencia Irazema, falando de dourado, prateado e policromía.

O terceiro día a escola contará coa presenza da ilustradora Bea Lema, Premio Nacional de Cómic 2024, cuxo traballo aborda temas como a enfermidade mental, o trauma, a familia ou os ritos populares, empregando o debuxo e o bordado como linguaxes complementarias. E pechará as xornadas o multipremiado estudio bilbaíno de deseño gráfico Cuchillo. 

Este ano a escola continúa colaborando co Conservatorio Superior de Música e a Aula de Saxofón do CSM da Coruña interpretará, ao inicio de cada xornada, obras do repertorio clásico contemporáneo.

Todas as ponencias terán lugar no salón de actos da escola. Estarán abertas ao público ata completar aforo, porén o alumnado terá prioridade de acceso.

Máis info
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.