IX Xornada de Arquitectura e Deseño na Cidade da Cultura
O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza a IX Xornada de Arquitectura e Deseño.
A xornada comezará ás 09.30 h e durante a sesión da mañá terán lugar 2 conferencias e unha mesa redonda:
10.00 h Pensamento Glocal no deseño con Xabier Rilo e Ricardo Tubío (cenlitrosmetrocadrado)
10.45 h Deseño sen querer con José Antonio Vázquez (Estudio Nómada)
12.00 h Mesa redonda: Deseño e Industria moderada polo arquitecto e doutor pola ETSAC da Universidade da Coruña Elías Cueto e na que participarán:
- Tania Pichel, arquitecta, responsábel do Departamento Técnico de Molduras do Noroeste
- Ana Hermida, directora comercial e de marketing de Mobles Hermida
- Xabier Rilo e Ricardo Tubío, enxeñeiros en Deseño Industrial e fundadores de cenlitrosmetrocadrado
- José Antonio Vázquez, arquitecto e un dos fundadores do Estudio Nómada
A actividade retomarase a partir das 16.00 h cunha serie de encontros empresariais. Trátase de encontros coordinados e marcados con antelación entre empresas, arquitectos e deseñadores que asisten ás xornadas. Cada entrevista terá unha duración de 15 minutos.