Javier Martínez, novo socio de DAG
Hoxe presentamos a Javier Martínez, Javi MarMon, ourensán apaixoado e creativo, artista 3D e tecedor de historias que busca aplicar o seu entusiasmo e habilidades ao deseño de personaxes e mundos. Benvido!
Boas!
Son Javier Martínez Monzoncillo, Javi MarMon, artista dixital nado en Ourense.
Cursei o meu BFA en Digipen Bilbao entre 2020 e 2024 e na actualidade compatibilizo a miña actividade profesional coa realización dun Programa de Formación Avanzada en modelado 3D.
Teño adquirido formación sólida en todo o pipeline de produción de animación e videoxogos, interesándome especialmente o deseño de personaxes, modelado 3D e a creación de historias.
Afortunadamente, teño certa experiencia laboral tras participar en producións reais como rigger e modelador 3D.
En calquera caso, quero compartir con vós que, xa dende cativo, sinto auténtica paixón pola arte dixital e tiña como principal xoguete, ademais dos meus queridos legos, unha tableta para debuxar que me acompañaba sempre.
Estou emocionado por unirme a esta comunidade de profesionais e desexoso de aprender de vós, de compartir experiencias, inquedanzas e proxectos e de aportar, na medida do posible, a miña visión da arte.
Unha grande aperta para toda a comunidade da DAG!
Javi MarMon