• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

León López de la Osa González

Arquitecto e deseñador de produto

Estudio López de la Osa

leonlog@coag.es
616 453 737

  • Instagram

Tituleme na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1976. Nos 80 trasládeme a Galicia para exercer como arquitecto no COAG de Ourense e, pouco despois, empecei a miña andaina como profesional libre en Vigo, desenvolvendo proxectos de todo tipo: vivendas, hospitais (cuestión á que lle adico especial atención), edificios de oficinas, edificios industriais, etc.

A comezos dos 90 fun invitado por José Baar Boo a compartir o curso «Arquitectura e moblaxe» na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e alí fun profesor de Proxectos Arquitectónicos ata o 2014.

Entre os anos 2018 e 2019 deseñei e desenvolvín produtos de iluminación, en colaboración cos seus técnicos, para a empresa LLEDÓ Iluminación (estruturas, focos, plafóns, apliques e lámpadas de traballo).

O deseño de obxectos, tanto de mobiliario e de iluminación como de pezas, sempre o considerei parte integrante do proxecto. Interésame o deseño do obxecto a partir dun discurso teórico, entendido como elemento xerador dentro dos condicionantes funcionais do mesmo.

Participei do Madrid Design Festival 2019 coa exposición «A esencia do obxecto», tamén nas exposicións colectivas «Formas do deseño. Galicia XXI» no Auditorio de Galicia (2019), na de «Empezar la casa por la ventana» no Espazo de Arte Sirvent en 2021 e, no 2023, na de «Galiza, procesos e formas» da Bienal de deseño de Porto.

Ademais, podes ler o artigo «Son ramas del mismo árbol» dentro do tema «(Re)diseñar el diseño» na revista Experimenta nº 86.

Sofá urbano

  • León López de la Osa González León López de la Osa González

Serie finísimas

  • León López de la Osa González León López de la Osa González

Mesa Polas

  • León López de la Osa González León López de la Osa González

Mesa Lama

  • León López de la Osa González León López de la Osa González

Manilla

  • León López de la Osa González León López de la Osa González
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.