Lois Guillán presentará no FEED o proxecto educativo de cucuducho para nenos
Trátase dun proxecto innovador para introducir os máis pequenos nos procesos reais que rodean o deseño.
O interesante do deseño, na opinión de Lois, é que pode ser a canle de comunicación axeitada para case calquera concepto. Podemos transmitir tradición ou vangarda mediante o emprego dos materiais; proximidade ou frialdade a través dos acabados; nostalxia ou indiferenza coas formas… Nestes momentos, o seu obxectivo é que os seus deseños estean estreitamente vencellados coa cultura, coa tradición, coa educación e coa arte, e que se tornen en amplificadores destes aspectos en todos os nenos.
Lois Guillán é graduado en Deseño de Interiores e Deseño de Produtos pola EASD de Santiago de Compostela. Após oito anos á fronte do estudio Piedrapapeltijera que axudou a cofundar, na actualidade dirixe o proxecto cucuducho.