Luis Seoane. Retrato de esguello no Marco de Vigo
Xa se pode visitar no Marco de Vigo Luis Seoane. Retrato de esguello, unha exposición que abrangue os mais de cincuenta anos de traxectoria artística do intelectual galego a través dunhas 300 obras entre pinturas, debuxos, gravados, acuarelas, tapices, carteis publicitarios, bosquexos murais, deseños cerámicos e publicacións.
A mostra permanecerá aberta ata o 27 de setembro de 2015 nas salas de exposición da planta baixa do Marco no seguinte horario:
- Martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
- Domingos, de 11.00 a 14.30