As luminarias Parga de Cenlitros seleccionadas na BID 24
O conxunto de luminarias Parga deseñadas polo socio Xabier Rilo e o seu compañeiro en Cenlitros Ricardo Tubío, foron seleccionadas para participar na exposición da Bienal Iberoamericana de Diseño 2024 organizada por Dimad. A exposición poderá visitarse ata o 6 de xaneiro de 2025 en Matadero Madrid.
Parga é unha colección que recupera a aplicación do granito para obxectos funcionais e decorativos en espazos interiores, aproveitando a neutralidade cromática e a súa textura natural. Un conxunto formado por tres pezas de diferentes diámetros e alturas, que empregan unha linguaxe formal que remite á talla lítica máis primixenia e rudimentaria.
Recordemos que este traballo dos compañeiros de Cenlitros levou xa un Honoree Interior no Design Best of Year Awards 2023 e un Delta de Bronce 2024 nos Premios ADI FAD.
A Bienal Iberoamericana de Deseño BID, organizada por Fundación Diseño Madrid, ten lugar cada dous anos na Central de Diseño de Matadero Madrid, centro de creación contemporánea promovido pola Área de Goberno de Cultura e Deportes do Ayuntamiento de Madrid, e é unha das citas máis importante do deseño contemporáneo iberoamericano.
A BID é unha iniciativa que permite ao público achegarse ata a disciplina do deseño e a súa contorna, ademais de seren un punto de encontro para a reflexión e o pensamiento crítico e para establecer relacións entre profesionais, con empresas do sector e o ámbito académico. O nivel de actividades organizadas para a semana inaugural dan boa conta da súa repercusión a nivel internacional.
Felicitamos tamén a asociación ADCV, compañeira de READ, por resultar premiada co Premio BID Cultura do Deseño «Frank Memelsdorff» pola ferramenta dixital D-ToolBox.