Ladies, Wine & Design celebra o seu terceiro aniversario en A Coruña
O vindeiro xoves, 10 de xuño, a Fundación Luis Seoane acollerá un novo encontro de Ladies, Wine & Design na cidade. Esta será unha ocasión especial, xa que o evento cumpre 3 anos de actividade continuada.
O lema «Activas e creativas» integra un programa de actividades que incluirá a presentación de 4 profesionais vencelladas ao deseño e a creatividade. Falamos da cineasta e xornalista Paula Cons, directora de filmes como A illa das mentiras, María José Mariño, directora da Axencia Galega de Innovación, a cociñeira Iria Espinosa, e a ilustradora e deseñadora Iria Prol. As entradas para asistir ao evento de maneira presencial tiveron moi boa acollida e xa están esgotadas. A boa noticia é que o evento será tamén retransmitido en directo, por primeira vez as presentacións estarán aberta ao público xeral. Para asistir ao evento en liña só hai que rexistrarse no evento a través da web Cultura ENVIVO.
Apoiamos a iniciativa e trasladamos os nosos parabéns ao colectivo nesta celebración.