Mañá comeza Transferencias.Design Málaga 2018
Transferencias.Design Málaga2018 desenvolverase durante os días 19 e 20 de outubro de 2018 en dúas sedes malagueñas: a sala Unicaja María Cristina e o Museo do Patrimonio Municipal de Málaga (MUPAM).
Transferencias.Design Málaga2018 é un encontro multidisciplinar no que empresas, institucións e profesionais debaten sobre as relacións entre deseño e sociedade contemporánea. A procura de relacións ten por obxecto a transferencia de coñecementos e experiencias en procesos e dinámicas horizontais de traballo.
Nesta edición contan con cinco áreas temáticas:
1) A investigación en Deseño e a necesidade dunha área de coñecemento específica que facilite a acreditación e o recoñecemento do estatus científico-académico do deseño alén do artístico, cultural ou económico. Ocupará a mañá do venres 19 de outubro nunha sesión plenaria aberta ao público en xeral na sala de concertos Unicaja María Cristina.
2) A relación e transferencia de coñecemento entre empresas e centros educativos
3) A relación e transferencia de coñecemento entre museos e centros educativos.
Dou seminarios simultáneos en dúas sedes distintas (Sala Eduardo Ocón da Fundación Unicaja e Salón de actos do Museo do Patrimonio Municipal de Málaga) en sesións paralelas só para inscritos na tarde do venres 19 de outubro.
4) Espazos innovadores de relación entre empresas e centros educativos
5) "Design Innovation", proxecto para Transferencias 2019-2020.
En sesión plenaria só para inscritos na mañá do sábado 20 de outubro.