• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Difusión eventos
08-10-2025 13:04:08

Marcas galegas, historias de éxito

Un evento para poñer en valor o papel estratéxico da marca no desenvolvemento empresarial galego.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Esta iniciativa, organizada polo estudio do noso socio Dani Bembibre, Costa, en colaboración con Aebrand e o Foro de Marcas Renombradas Españolas, terá lugar mañá xoves 9 de outubro no Club Cámara Noroeste da Coruña, en horario de 9.30-14.30 h. O programa incluírá a presentación do BrandPulse 2024, informe de referencia sobre a saúde das marcas españolas.

Na xornada haberá tempo tamén para unha sesión de networking e dúas mesas redondas. A primeira, titulada «Marcas galegas e internacionalización», moderada polo Foro de Marcas Renombradas Españolas, contará coa participación de directivos de Hijos de Rivera, ITG e Russula. A segunda, «Marca e empresa familiar en Galicia», estará moderada por Costa e terá por participantes a representantes de Candelas, Krack e a Asociación Gallega de Empresa Familiar.

A iniciativa está impulsada polo Club Cámara Noroeste e conta coa colaboración de GFK. 

Máis info e entradas:
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.