María Ramos estará no 3º warm up do Encontro de Tipografía do Porto
Este terceiro warm up do X Encontro de Tipografía do Porto desenvolverase entre o 17 e o 18 de outubro, e fai parte dos eventos satélite da Porto Design Biennale que está a ter lugar en diferentes lugares do Porto e Matosiños.
O programa inclúe varias conferencias e o obradoiro Debuxar-cortar-colar: construír tipografia experimental en papel, coa orientación de Joana Correia, María Ramos, Viktoriya Grabowska.
Programa completo:
Día 17.10.2019 ás 14.30 h no Auditorio ESAD
- Conferencia de Joana Correia: Límites e restricións da tipografía
- Conferencia de María Ramos: Type, art and movement
- Conferencia de Viktoriya Grabowska: Sobre a Birra Saison
Día 18.10.2019 ás 10.30 h na sala P5 da ESAD
- Obradoiro Debuxar-cortar-colar: construír tipografia experimental en papel, coordinado polas tres oradoras do día anterior.