• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Socios e socias Proxectos

María Ramos

Deseñadora gráfica e de tipografías

maria@nmtype.com

  • Web
  • NM type
  • Twitter

Licenciada en Publicidade pola Universidade de Vigo, nos inicios da súa carreira profesional María formou parte do equipo creativo de varios estudios de deseño galegos. Desempeñou funcións de deseñadora gráfica e directora de arte en proxectos multidisciplinares, moitos deles vinculados ao sector editorial.

O seu interese pola tipografía como parte esencial do deseño alentouna a asistir a cursos especializados. En 2015 gradúase no Mestrado de Deseño de Tipografías da Universidade de Reading (Inglaterra). Dende entón, María traballa como deseñadora de tipografías, en proxectos propios, a medida e colaborando con outros deseñadores. Froito dunha destas colaboracións xorde NM type, o selo tipográfico que comparte con Noel Pretorius.

Parte do seu labor profesional inclúe tamén a investigación e escritura de artigos en publicacións especializadas como Typographica ou Alphabettes, colectivo do que forma parte dende 2016.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.