• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
20-01-2016 20:35:24

Marta Verde impartirá programación creativa con processing en Compostela

Marta Verde, a nosa relatora do pasado FEED volverá a Galicia a principios de febreiro para impartir un obradoiro de programación creativa con processing.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Trátase dun obradoiro de iniciación ao processing, unha linguaxe de código aberto e IDE que tivo o seu inicio en 2001 no MIT. Unha das súas singularidades é que está desenvolto por e para artistas e deseñadores e trátase, por tanto, dun acceso simple á programación creativa cunhas enormes posibilidades. Os seus múltiples usos van desde a xeración de gráficos en tempo real, visualización de datos, aplicacións de computer vision, control de sensores e actuadores (Arduino), etc.

A actividade terá lugar os días 6 e 7 de febreiro de 2016 en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 h no espazo Unitaria en Santiago de Compostela.

Información e inscricións
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.