Marujas Creativas gañan o Premio Gourmand
Marujas Creativas gañan o Premio Gourmand ao mellor deseño dun libro de cociña en España con Santiago(é)tapas, un libro de receitas redactado en tres idiomas: galego, español e inglés, e que promociona Santiago e a súa gastronomía.
A publicación, editada por Turismo de Santiago en colaboración con Baía Edicións e con fotografías de idNespereira, competirá agora cos gañadores de cada país na categoría de deseño de libro de cociña polo título Best in the world. Os premios Gourmand World CookBook foron creados en 1995 por Edouard Cointreau e cada anodistinguen as mellores publicacións sobre alimentos e viño do mundo.