Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
15-12-2020 10:00:52

«Memoria viva», nova web sobre a vida e obra de Isaac Díaz Pardo

Esta iniciativa súmase ás homenaxes que se están a levar a cabo este ano con motivo do centenario do nacemento do autor. O proxecto estivo dirixido por María Ámerica e contou coa participación dos socios da DAG Dani Bembibre e David Silvosa, para o que usaron a tipografía de Marcos Dopico.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O pasado 7 de decembro presentábase na Cidade da Cultura a nova páxina web adicada á figura de todo un referente histórico do deseño en Galicia: Isaac Díaz Pardo (22 de agosto de 1920 – 5 de xaneiro de 2012), impulsor de Sargadelos, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información, o Laboratorio de Formas ou o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside.

Esta nova web recolle material sobre a vida e a obra deste polifacético creador e ten como obxectivo facer accesible a todas e todos o seu legado. O sitio funciona como centro dixital de recursos reunindo todo o universo creativo de Díaz Pardo e podendo consultar nel documentos históricos, fotografías, audiovisuais e material didáctico.

Espazo aberto á cidadanía e persoal investigador

A web «Memoria viva» consta dun total de oito seccións, nas que se tratan cuestións como a vida de Díaz Pardo, familia, amizades, obra, o Laboratorio de Formas, traxectoria empresarial e fontes de estudo. Este último apartado está especialmente dirixido a persoal investigador e nel é posible descargar documentación variada, amais de consultar a listaxe de todas as obras escritas por Díaz Pardo.

Por último, a sección Arredor de Isaac é un espazo onde se recollen as novas e acontecementos actuais relacionados coa vida e obra de Díaz Pardo: exposicións, homenaxes, publicacións e demais traballos sobre a súa figura.

Sinatura de socios da DAG

Detrás desta nova web están varios socios da DAG. Por un lado, o deseño gráfico e programación da mesma están asinados polo estudio Costa da Coruña, cos socios David Silvosa e Dani Bembibre á fronte. Por outro, o deseñador gráfico e tipógrafo Marcos Dopico, ademáis de membro da DAG, é o creador da «tipo» empregada na web, a Isaac Sans, que debe o seu nome ao propio Isaac Díaz Pardo.

A páxina web «Memoria viva» está dispoñible actualmente en galego e castelán e próximamente tamén o estará en inglés.

Web Memoria viva

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.