• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
10-11-2022 17:04:00

Mesa redonda «Círculos e cadrados, deseñar tamén é unha cuestión de xénero»

Dentro do programa de actividades paralelas á exposición «A Galicia deseñada», e despois da primeira charla ofrecida por Pepe Barro o pasado martes en Normal (UDC), o 17 de novembro ás 19:30 h organízase a mesa redonda «Círculos e cadrados, deseñar tamén é unha cuestión de xénero» coa presencia das deseñadoras Lía Santana, Uqui Permui, Nuria Carballo, Raquel Boo e Thais Suárez. 

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

No marco da exposición, como acción de interese común que ofrece un percorrido histórico polo deseño galego con proxección educativa, xurde unha mirada crítica que expresa a necesidade de contar coa participación das mulleres á hora de relatar a historia hoxe en día. É por iso que na mesa participan deseñadoras que levan marcando camiño desde a década dos noventa en Galicia e aportarán a súa experiencia e a súa​ ​visión sobre a integración da perspectiva de xénero no exercicio e na historia do deseño. 

«Se se analizan os procesos e os resultados dos traballos desenvolvidos vese que existen diferenzas que veñen derivadas das referencias e dos principios que cada quen ten á hora de crear un elemento ou forma, do mesmo xeito que se infiltra nos traballos a cultura, a ideoloxía ou a paisaxe». Sabendo que a figura da muller está cada vez máis presente en todos os entornos profesionais, aínda que queda moito por facer, a exposición «A Galicia Deseñada» pode ser un bo exercicio para reflexionar sobre como deseñar e investigar con perspectiva de xénero.

A DAG fomenta desde os seus comezos a realización de actividades e proxectos onde mulleres e homes participan da forma máis equilibrada posible (o FEED ou o Estudo do deseño son exemplos delo). E como entidade que representa, escribe e difunde a historia do deseño galego a través das persoas protagonistas, os e as profesionais do deseño, ve relevante que existan coloquios deste tipo.

A exposición, que poderá visitarse ata o 13 de xaneiro de 2023 no espazo Normal da Universidade da Coruña e está comisariada por Jesús Vázquez, Cibrán Rico e Marcos Dopico, co deseño expositivo de Cenlitrometrocadrado, ten programadas outras actividades ata o mes de xaneiro:

  • Xoves, 24 de novembro ás 19:30 h. Charla: «Nunca Máis (2002-2022). Quando o desenho conecta emocionalmente», con Xosé María Torné

  • Xoves, 1 de decembro ás 19:30 h. Charla: «O Estudio Quid (1971-73), o deseño gráfico portugués en Vigo e a súa pegada», con José Luis Mateo.

  • Xoves, 12 de xaneiro ás 19:00 h: Coloquio: «Deseñar o deseño galego», con Pepe Barro, Xosé Díaz, Xosé Salgado, Lía Santana e Xosé María Torné.

Formulario de inscrición
Logaliza
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.