Miguel Flores da Costa
Deseñador, imprenteiro e cineasta en DonAuta
Son Miguel, da Guarda e do 2000.
A miña familia ten unha imprenta, polo que desde cativo me fascinou o asunto das tintas, a mancha e a composición. Con 13 anos comecei a actuar como mago, malia que iso quedou desprazado polo cine e o deseño. Estudei Comunicación en Compostela e despois un mestrado de investigación en deseño na Elisava de Barcelona. Conseguín facer un par de curtametraxes que se colaron en festivais internacionais de cine. Penso que depenicar entre disciplinas é o mellor xeito de atopar novas linguaxes coas que traballar.