• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
concursos
20-07-2020 12:13:50

O Museo de Pontevedra presenta a súa nova imaxe

O pasado xoves, 16 de xullo, presentouse en Pontevedra a nova identidade do Museo. Un acto no que se descubriu a peza escultórica coa forma do novo símbolo, que xa preside a praza de acceso ao Sexto Edificio.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A nova identidade do Museo de Pontevedra nace dunha «chamada a proxecto», unha fórmula de contratación que dende a DAG e dende READ defendemos como alternativa aos concursos especulativos de deseño. De entre as 4 finalistas, a proposta escollida polo xurado foi a de Uqui Permui.

75 anos despois da creación do ex libris de Alejandro de la Sota, a institución adapta a súa linguaxe visual a unha nova etapa, na que o anterior logotipo presentaba certas limitacións. A imaxe de De la Sota recuperará agora a súa función orixinal, e será incluida nas publicacións promovidas polo propio museo.

O acto de presentación contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra Carmen Silva, o vicepresidente César Mosquera, o director do Museo Xosé Manuel Rey, o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, e a deseñadora da nova identidade, a nosa socia Uqui Permui. Nas súas palabras:

«Toda a cidade é un museo. Dalgún xeito, esa foi a representación que Alejandro de la Sota debuxou en 1942. Agora, cunha linguaxe diferente e novos códigos, quixen transmitir o mesmo».

A nova imaxe, que fai referencia a formas que se repiten na arquitectura e na ourivaría, atopou o seu fío condutor nun peite do Tesouro de Caldas. Un «M» que xoga coas formas e as contraformas convértese así na nova imaxe do Museo, sintetizando a idea da institución nunha marca adaptada a un novo tempo.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.