Na DAG comezamos a semana bailando!
Si, si, bailando, con Adrián, o noso novo socio ;)
Ola! Chámome Adrián e son o 50% de Guillotina Estudio, aventura na que levo aprendendo e desfrutando deste o noso oficio dende hai 3 anos.
Asóciome á DAG porque xa lle debía un baile (a de tempo que me representou sen case darme conta...). Porque creo no colectivo, na unión de forzas como a única ferramenta real de cambio e porque quero botar todos os cabos que poida para coidar, divulgar e defender a nosa profesión.
Graciñas a todas e todos polo voso traballo.