Asociación
Galega
de Deseño

  • Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
07-11-2020 13:12:43

Nace en Galicia o Festival de Deseño #follow

Hoxe comeza o #follow20, un festival que ten por obxectivo poñer en valor o deseño galego conectándoo co exterior e o gran público, e que servirá de antesala do lanzamento da Galicia Design Week en xuño do 2021.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os contidos do festival estarán divididos en seis actividades diferentes e nelas participarán varios socios e socias da DAG. Na sección de «stories» —pequenas pezas documentais— veremos a David Silvosa e Dani Bembibre do estudio Costa, xunto con María Ramos do estudio NM Type; tamén será protagonista a nosa socia Conchi Mayo como representante do estudio Dardo. A sección de «conversas» contará coa participación de Dani Bembibre, Artur Galocha, Marcos Dopico e Uqui Permui, que falarán de marcas, infografía, tipografía corporativa e deseño como comunicación cultural. Os e as protagonistas destas «stories» e «conversas» colaborarán tamén ofrecendo asesoramento persoal en proxectos de estudantes e profesionais noveis. 

O festival abrirá ademáis un «showroom», que servirá de escaparate de creacións e espazos de deseño galegos e contará cunha carpa na Praza de Lugo (A Coruña). Este espazo acollerá unha serie de intervencións do colectivo Flaco, incluirá a proxección das «stories» e «conversas» e albergará unha exposición de traballos profesionais do denominado pola organización como «novo deseño galego». Esta exposición contará, para a montaxe, coas estruturas deseñadas polos nosos socios Xabier Rilo e Ricardo Tubío do estudio Cenlitrosmetrocadrado.

O #follow20 complétase cun programa paralelo para os días 11 e 12 de novembro. Toda a información sobre as actividades do festival está dispoñible na súa web. 

Web do #follow20

DAG, Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Mércores de 16:30 a 20:30 h
Venres de 16:30 a 20:30 h

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Enderezo postal
Apartado de correos 2131
15780 Santiago de Compostela

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon
É membro da
Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.