
Natalia Balseiro
Deseño Participativo de Procesos e Proxectos Culturais
T. 619 793 295
O meu nome é Natalia Balseiro. Conto con máis de vinte anos de experiencia profesional nos sectores cultural e da participación cidadá, na administración pública e como profesional independente.
Traballei como Técnico de Cultura no ámbito local, como Responsable de Formación na Rede Española de Teatros no ámbito estatal, como Directora do Centro Coreográfico Galego no ámbito autonómico, como Directora do MOV-S Espacio de Reflexión Iberoamericano no contexto internacional e como asesora da Concellaría de Participación Cidadá e Innovación Democrática no Concello de A Coruña. Como profesional independente traballei para organizacións como o Ministerio de Cultura, para o Concello de Ferrol ou para EDN (Red Europea de Danza).
Ao longo da miña traxectoria os pasos que fun dando, e que me permitiron avanzar, forom siempre en equipo, buscando novos campos de acción para dar resposta aos retos do presente e innovando desde a administración pública.