
Natalia Crecente García
Profesora da Escola de Arte de Lugo e deseñadora gráfica en Sond3
Sond3 é un estudio de deseño e desenvolvemento web creado en Lugo no ano 2006 por Natalia Crecente, Segundo Fdez e Diego Vilariño. Formados en diferentes campos como o deseño, arte ou tecnoloxía, combinan estas disciplinas para levar a cabo proxectos de comunicación gráfica e dixital, centrándose en identidade corporativa, deseño editorial ou deseño e desenvolvemento web.
Son socios da Asociación Galega de Deseño (DAG) dende a súa creación e avogan por unha cultura do proxecto levada a cabo de forma autónoma ou colaborativa con outros profesionais, defendendo un deseño honesto, ético e responsable.
De forma paralela aos encargos do estudio, traballan en proxectos propios cun caracter máis experimental, permitindo investigar, probar e seguir desfrutando do traballo. Por outra banda Natalia Crecente combina a sua labor coa docencia na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
O estudio foi premiado na II bienal de deseño iberoamericano Bid 2010 na categoría de deseño dixital ou foi finalista nos Premios Paraugas na categoría de mellor deseño gráfico galego (2019).