Neste FEED'17 contaremos coa presenza de João Martino e Miguel Almeida do estudio Non-Verbal Club
Ao João e ao Miguel gústalles definir os proxectos como un acto de equilibrio entre arte e tecnoloxía, entre racionalidade e poesía, entre expectación e sorpresa.
En Non-Verbal Club valoran moito as perspectivas intelixentes e informadas, e foméntanas mediante un intenso proceso de investigación e mediante o traballo en rede. Esta metodoloxía asegúralles unha resposta única para cada desafío que o cliente lles propón.
E quen mellor que os propios integrantes de Non-Verbal Club para falar do proceso do traballo no estudio? João Martino cóntao moi ben neste vídeo: