• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
Difusión eventos
02-07-2025 13:27:44

Nigrán acolle a primeira edición de PROXECTAR

Nace un ciclo de conversas sobre deseño industrial e de produto

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A localidade pontevedresa acollerá durante os días 18 e 19 de xullo un espazo para que profesionais do deseño poidan compartir o que hai detrás dos seus proxectos, ofrecendo de primeira man as súas experiencias, metodoloxías e o seu coñecemento.  

Esta primeira edición contará con figuras como o recoñecido deseñador británico Jon Marshall, socio da axencia internacional Pentagram; o galego Tomás Alonso, colaborador de firmas como Hermès ou Camper; a ceramista e deseñadora Paula Ojea, Premio Nacional de Artesanía; e o estudo compostelán Estar, especializado en arquitectura e paisaxe. 

Cun formato reducido, de 60 prazas por sesión, o evento busca ser un encontro próximo e inspirador orientado tanto a profesionais e estudantado de deseño industrial, arquitectura e artesanía, como a público interesado nos procesos creativos. Terá lugar no ximnasio do Colexio Público Humberto Juanes de Nigrán, entre as 20.00 - 22.00 h os dous días. O venres, Andrés Fraga, fotógrafo e director da iniciativa, conducirá a sesión con Jon Marshall e Paula Ojea, e o sábado, Marcos Dopico, decano da Facultade de Deseño da UVigo, tomará o seu relevo na sesión de Tomás Alonso e Estar Arquitectos. 

Máis info e entradas
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.