• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
16-05-2023 10:08:00

Nominación nos Premios D&AD para o libro Cuentos Mestizos deseñado por desescribir

O libro Cuentos Mestizos de Mercedes Azpilicueta, deseñado polos socios Cibrán Rico e Suso Vázquez do estudio desescribir, vén de ser nominado nos prestixiosos premios D&AD de Londres.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Fotografía: desescribir

Cuentos Mestizos é a primeira monografía da artista Mercedes Azpilicueta. O traballo artístico desta arxentina tivo una gran difusión internacional nos últimos anos sendo nominada no Prix de Roma en 2021. A súa obra artística céntrase principalmente na perfomance cunha forte influencia literaria e un posicionamento ideolóxico claro, principalmente decolonial e antipatriarcal. O libro achega unha mostra extensa das súas obras a través dun formato experimental no que os proxectos da artista aparecen coma pequenas historias dentro dunha entrevista a modo de «narración» que vai percorrendo o libro. 

O deseño de desescribir procura incorporar algúns dos elementos que caracterizan a obra de Mercedes Azpilicueta: a importancia dos procesos de traballo, a visibilización do traballo da muller, o literario e o narrativo, o carácter teatral e performativo das súas obras. Todo o libro, como é costume nos traballos de desescribir, está producido en Galicia. O bordado da cuberta está realizado nun taller dun barrio da periferia rexentado por mulleres migrantes latinoamericanas. 

O libro publícase co gallo do fallo do VIII Premio Internacional de Arte Fundación María José Jove e está coeditado e distribuído por Turner.

Non é a primeira vez que o traballo de Cibrán Rico e Suso Vázquez acada recoñecemento nos D&AD. O libro Ostalgia de Simona Rota da súa editorial Fabulatorio e o catálogo da exposición Günthter Förg. Verfolgen Malerei da Fundación Seoane tiveron recoñecemento nas convocatorias do 2014 e do 2015 respectivamente.

O D&AD é unha asociación sen ánimo de lucro formada no ano 1962 por diferentes profesionais entre os que se atopaban David Bailey, Terence Donovan e Alan Fletcher. Os seus membros representan ás comunidades creativas, de deseño e de publicidade, non só en Gran Bretaña, senón en todo o mundo. Estes premios son recoñecidos a nivel mundial como un dos máximos galardóns creativos.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.