Non só unha asemblea xeral
Porque, como xa vén sendo habitual nas últimas edicións, a DAG amplía o formato da asemblea de socios para favorecer o encontro entre deseñadores.
Con este obxectivo, paralelamente á asemblea, propómosvos unha serie de actividades abertas, pensadas tamén para vós, todos os que tedes curiosidade e interese por achegarvos e saber un pouco máis da DAG e dos seus asociados. O programa deste ano inclúe:
11.00 h Unha charla sobre estratexia de marca a cargo dos integrantes de Desoños
12.00 h Descanso – café
12.30 h Presentación de GazeHits: App desenvolvida en Galicia para predicir a atención visual
Aínda que é sabido que os membros de Desoños derrubaron tabiques para facernos sitio ;)
O espazo é limitado, por tanto, se queres vir, avísanos antes no correo: info@asociaciondag.org