• Acerca da DAG
  • Novidades
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
12-02-2025 08:53:31

Nova convocatoria para participar en From Spain With Design

O proxecto interno de READ que busca a internacionalización do deseño español lanza unha nova convocatoria para actualizar a plataforma e incluír novos traballos de profesionais do deseño. O 24 de febreiro é o​ prazo máximo para presentar candidaturas.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O pasado 1 de febreiro, READ abriu unha nova convocatoria para o proxecto FSWD para a promoción e a visibilidade do deseño español no mundo. Está aberta a todos e todas as profesionais que desenvolven o seu traballo en España e tamén para aqueles que o fan fóra das nosas fronteiras.

A convocatoria aberta a calquera campo do deseño estrutúrase en seis bloques: deseño gráfico e comunicación, deseño industrial e de produto, deseño de espazos e interiorismo, deseño de servizos, deseño multimedia e interseccións; esta última para aqueles proxectos disruptivos que se vinculan con varios sectores. 

Valorarase a traxectoria, coherencia e consistencia dos estudos e profesionais independentes, mais tamén proxectos emerxentes e novos deseñadores que destaquen pola calidade dos seus traballos. Teranse en conta soamente traballos desenvolvidos nos dous últimos anos (2023-2024).   

O 7 de febreiro os responsables do proxecto, entre os que se atopa a nosa socia Uqui Permui, explicaron a través dun webinario o proceso de presentación de candidaturas, así como o posterior proceso de selección, os prazos para as distintas fases e os obxectivos do proxecto. Podes acceder ao webinario desde aquí.  

Mais info
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar)
Corredoira das Fraguas, 92
15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421
Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

DAG é membro de

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.