Nova edición dos Premios Anuaria de Deseño Gráfico
Xa está en marcha a convocatoria para participar nos Premios Anuaria 2024, con traballos realizados nos anos 2023 e 2024. A inscrición está aberta ata o 15 de novembro. Estes premios recoñecen a excelencia do deseño gráfico de España desde hai 31 anos.
Os socios e socias de DAG, ademais das promocións que ofrece a organización por inscrición temperá ou pola presentación de múltiples proxectos, gozarán dun 10% de desconto acumulable a outras ofertas destinado ao Programa de Apoio a Organizacións da Fundación Veredictas Internacional, que pode repercutir en DAG se así se marca no formulario.
Os Anuaria establecen 21 premios repartidos en 4 categorías: branding e aplicación de marca, publicidade e comunicación, editorial e recursos gráficos.
Como vén sendo habitual, a DAG colabora coa organización na difusión dos premios e no xurado que seleccionará os mellores traballos, cun Anuaria de Ouro en cada categoría e ata 10 Seleccións Anuaria por categoría. Este ano contan co socio e membro da Xunta Directiva, Carlos El Rojo.